900 futbolistas daranse cita no Torneo Internacional Jealsa-Concello de Boiro

BOIRO> Boiro acollerá a finais de maio o Torneo Internacional Jealsa de Fúbol Base. Será o 28 e o 29 de maio no campo de fútbol de Barraña. A competición ten un fin benéfico posto que recadará fondos para a fundación Aladina de apoio ós nenos con cancro.

Ó redor de novecentos rapaces de entre 9 e 12 anos daranse cita a última fin de semana de maio no campo municipal de Barraña para desputar o torneo internacional Jealsa de Fútbol Base-Concello de Boiro.

O evento destaca non só pola súa relevancia deportiva senón tamén pola súa vertente solidaria posto que os fondos recadados irán destinados á Fundación Aladina de nenos con cancro.

Ademais do concello de Boiro, o campionato conta co apoio de numerosas empresas sendo Jealsa o principal patrocinador.

Dende o concello agradeceron á organización a oportunidade de albergar este torneo que contribuirá a  achegar a Boiro a preto de 4000 persoas con gran repercusión turística en toda a comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí