Os candidatos do Salnés analizan os resultados en clave positiva

    eleccions_salnes100_100308.jpgSALNÉS > Os candidatos e representantes do Salnés tamén nos deron onte a súa valoración dos resultados obtidos nas urnas.

    {flowplayer}images/salnes/eleccions_salnes.flv{/flowplayer}

    SALNÉS > Os candidatos e representantes do Salnés tamén nos deron onte a súa valoración dos resultados obtidos nas urnas. Dende tódalas forzas políticas insistiron en ver o lado positivo dos comicios.

    Na sede dos socialistas vilagarciás o ambiente onte pola noite era de expectación e felicidade contida, dende que se deran a coñecer as primeiras enquisas ás oito do serán, e que apuntaban ó Partido Socialista coma claro vencedor dos comicios. Un partido, que en Galicia experimentou un avance importante no número de votos, cun crecemento de máis do dobre que o experimentado no conxunto do Estado sobre os resultados do 2004. En total o PSdeG fíxose con 10 deputados na nosa comunidade, tan só un menos que os obtidos polo Partido Popular.

    Na sede do Partido Popular o ambiente onte tiña unha compoñente ben distinta. Co 75 por cento do escrutinio, o PSOE era xa o gañador das eleccións xerais. Porén os populares quixeron subliñar que en Galicia, e en Pontevedra, o PP , foi a forza política máis votada.

    O Bloque Nacionalista Galego tamén fixo unha lectura positiva dos resultados, nuns comicios nos que tódolos partidos nacionalistas, menos CIU, Nafarroa Bai e o propio bloque, perderon deputados. O BNG mantén ós seus dous representantes na cámara baixa, con Francisco Jorquera pola Coruña e Olaia Fernández Davila por Pontevedra. Ademais o BNG aumentou lixeiramente os seus votos na comunidade, respecto ós pasados comicios xerais. Malia así, non se puido chegar ós tres deputados.

     Na cámara alta do parlamento, o Senado, o reparto das papeletas non variou en Pontevedra respecto ás xerais do 2004. O Partido Popular volveu a ser a forza máis votada na provincia, con tres senadores encabezados polo alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís.A ex alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e Dolores Pan son os outros dous senadores populares por Pontevedra, cunha soa do PSOE, Carmela Silva.

    Redacción Salnés