A Xunta propón nun informe a fusión de Meaño con Sanxenxo e de Lousame con Noia

GALICIA> A Xunta reabre o debate sobre a posible fusión de concellos. O goberno galego presentará este xoves un informe no que propón sete posibles fusións. O documento está impulsado pola administración autonómica en colaboración coas tres universidades e a Fundación Juana de Vega. 

Na nosa zona de cobertura habería dous casos: a unión de Noia con Lousame e a de Sanxenxo con Meaño. Na provincia de Pontevedra tamén se fusionaría toda a comarca do Deza nun único municipio.

O goberno galego apunta que en calquera caso estas unións serían voluntarias, partindo de casos anteriores como o de Cerdedo-Cotobade. Esta mañá falou deste tema o alcalde deste municipio e o presidente da Deputación de Pontevedra.