![]()
VILANOVA > A vitoria do Partido Socialista nas eleccións deste domingo, non vai ser impedimento ningún para que en Vilanova se apliquen as medidas ….
… económicas incluídas dentro do programa electoral do Partido Popular. Neste concello, resístense a asumir o resultados das eleccións, apoiándose na alta cantidade de votos acadados polo PPdeG na localidade.
Gonzalo Durán, alcalde da vila, engadiu que a súa decisión se vai materializar no mantemento da taxa dos impostos, que non subirán este ano no concello, agás os do lixo e a auga, e no fomento do emprego.
Para potenciar o emprego, a principal aposta coa que conta o goberno local é o polígono industrial de Baión, no que esperan que en decembro comecen a darse as primeiras licencias. O Partido Popular, cun 61,76 por cento dos votos, volveu a ser a forza política predominante neste concello, onde se deron grandes índices de participación.
O edil de Industria, Javier Tourís, que tamén exerceu durante as eleccións xerais coma coordinador municipal do grupo popular, apuntou que os bos resultados son unha mostra da confianza depositada polos vilanoveses no PP, que os anima tamén a seguir traballando de cara a campaña dos vindeiros comicios autonómicos.
Redacción Salnés







