Xornada positiva para os nosos representantes na terceira

BARBANZA/SALNÉS> Cómpre destacar as vitorias do Ribadumia e do Pontevedra, que lideran a clasificación na terceira. Os dous suman seis puntos despois de dúas xornadas disputadas. Os do Umia conseguiron unha clara vitoria ante o As Pontes, por un gol a catro, cun inspirado Changui, que é ademais o máximo goleador da categoría. Pola súa banda o Pontevedra vencía ó Bergantiños por dous goles a cero, no primeiro partido da tempada en Pasarón. Hai que destacar tamén a vitoria do Arousa por tres goles a un ante o Silva na Lomba, que o sitúan na matade da táboa. Os outros dous conxuntos da nosa zona, Boiro e Sanxenxo, empataban os seus compromisos, os dous por idéntico resultado, dous a dous, ante o Bertamiráns e o Rápido de Bouzas, respectivamente.