![]()
CAMBADOS> Nesta última xornada disputada na División de Honra Nacional ó Liceo Casino tocoulle descansar mentres que o Establecimientos Otero venceu na casa e instálase na parte alta da clasificación.
Poucos podían agardar hai algo máis dun mes a xeira de victorias tan espectacular que o Establecimientos Otero está a colleitar. O 15 de outubro sumaban a súa segunda derrota da liga ante o Helios, o que lles colocaba en postos de descenso. Dende aquela, seis triunfos consecutivos leváronlles ata o cuarto posto da táboa, igualado a puntos co segundo e moi preto do líder, o Mataró.
O último escollo que tiveron que superar os cambadeses foi o Cai Santiago de Zaragoza, nun encontro no que a actuación de Adrián Vidal e Kazeem Ahmed foi determinante. Ambos foron quen de vencer no segundo e no terceiro punto, despois da derrota do xoven Fernando Padín, no partido inaugural. O cuarto punto volveu a caer do bando visitante, pero en dous encontros moi traballados, tanto Ahmed como Vidal, sumaron para o Establecimientos Otero que cada vez está máis preto da salvación. Esta parella estase a consumar como unha das máis regulares da liga, xa que no caso do nixeriano venceu en 16 dos 18 partidos que disputou, mentres que Vidal ten unha porcentaxe de victorias do 67%
O seguinte compromiso dos cambadeses será na complicada pista do Leganés, este sábado a partires das 18:00. Un rival que camiña segundo na táboa, compartindo o mesmo balance de victorias/derrotas dos cambadeses.
O Liceo Casino de Vilagarcía, que descansou esta semana, sigue penúltimo na táboa, iso sí con dous partidos menos disputados que a maioría de equipos. Este sábado xoga en Pontevedra no derbi ante o Monteporreiro.
Redacción Salnés







