VILAGARCÍA> Protección Civil de Vilagarcía crea un servizo de aviso de alertas aos cidadáns a través do Whatsapp. O obxectivo é informar de forma rápida e fácil á veciñanza das medidas a adoptar en caso dalgunha incidencia. Máis de 500 persoas xa se deron de alta neste novidoso sistema.
O servizo de Protección Civil de Vilagarcía súmase ás novas tecnoloxías para aumentar a protección dos cidadás. O corpo de emerxencias crea un servizo de aviso de alertas a través do Whatsapp.
A través de esta aplicación, protección civil informará de todo tipo de incidencias.
Grazas a este servizo, os cidadáns saberán como protexerse en cada situación.
Para darse de alta hai que mandar un whatsapp escribindo “alta emerxencias” ao teléfono 986512020. O servizo é só para recibir informació, en caso de incidencias os afectados deberán utilizar os habituais teléfonos de atención de emerxencias.
O servizo está dispoñible dende o sábado ao medio día. Polo de agora xa se anotaron máis de 500 persoas.











