Fátima Abal será a alcaldable socialista en Cambados

    CAMBADOS> Fátima Abal é a candidata á alcaldía en Cambados polo PSOE de cara ós vindeiros comicios electorais. Hoxe presentouse ela mesma ante os medios de comunicación prometendo centrar as súas actuacións na loita contra o paro.

    O PSOE de Cambados ven de presentar a súa candidata á alcaldía para os próximos comicios municipais. A elixida onte en asemblea é Fátima Abal Roma, unha avogada de formación en paro de trinta e seis anos. Tralo seu nomeamento, as súas primeiras palabras foron de agradecemento para os afiliados por tela escollido, e tamén tivo un recordo para Domingo Tabuyo e a Rafael Blanco. A propia Fátima Abal argumentaba porqué presentou a súa candidatura. Abal Roma é nova en política; nos anteriores comicios foi de número tres e as vicisitudes deste partido upárona ata a portavocía dos socialistas na Vila do Albariño. Presumiblemente no segundo trimestre do ano que ven, Fátima Abal terá que baterse co actual rexedor Luís Aragunde; un rival ó que asegura non ter medo. Entre as súas principais preocupacións sobrancea a falla de emprego neste Concello; amais doutras como remodelar a Festa do Albariño, que arestora responde unicamente ós intereses partidistas do PP en lugar de ós dos adegueiros como corresponde; ou a falla de aparcadoiros no núcleo urbán.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/23/fatima_abal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/23/psoe_cambados.mp4{/flowplayer}