SANXENXO> O BNG de Sanxenxo propón a creación dun circuíto de esparexemento no polígono industrial de Nantes. O espazo estaría divido en dúas partes: unha cuberta para ocio e celebracións e outra ó aire libre para a realización de actividades deportivas.
O BNG de Sanxenxo presentou o seu proxecto ESCOESXX. Un circuíto de esparexemento que estará situado no polígono industrial de Nantes. O espazo estaría dividido en dúas zonas, unha cuberta e outra ó aire libre. O edificio converteríase no espazo de congresos e exposicións de Sanxenxo. Este estaría, á súa vez, dividido en dúas plantas. Na parte baixa realizaríanse congresos, feiras e exposicións, entre outros eventos, situaríase o local de ensaio municipal e crearíase a oficina de centro tecnolóxico de Sanxenxo.
A primeira planta sería unha gran aula ludicoeducativa interactiva. Un espazo dedicado á divulgación e a ensinanza da ciencia e da tecnoloxía.
A zona ó aire libre estaría dedicada para actividades deportivas.
O obxectivo do BNG con esta zona de esparexemento é crear un espazo para toda a familia, con actividades para os máis mozos e os maiores. A formación recoñece que aínda non fixo un orzamento do que custaría este proxecto.