96 agricultores de O Salnés e O Rosal recollen axudas da Deputación

    cheques copia100.jpg SALNÉS> A Dtora. Xral. de Innovación e Industrias Agrarias asegurou que o selo de calidade para a horta galega entrará en vigor moi pronto.

    {flowplayer}images/salnes/CHEQUES_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    96 agricultores de cultivos baixo abrigo das comarcas do Salnés e O Rosal, recibiron esta mañá cadansúa subvención por parte da Deputación de Pontevedra. O ente provincial repartiu un total de 150 mil euros entre os produtores, destinados a reparar e manter as estruturas metálicas dos invernadoiros e a compra e reposición dos plásticos das cubertas.

    Ademais do presidente da Deputación e dos alcaldes de Cambados, Luis Aragunde, e Ribadumia, Salomé Peña, no acto estivo presente a Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez, que destacou a calidade dos produtos da horta do Salnés.

    Alejandra Álvarez tamén falou os produtores do marchamo de calidade para nove produtos da horta no que se está a traballar dende hai uns meses na Consellería do Medio Rural. Unha marca que esixirá determinadas prácticas os agricultores pero que ofrecerá unha trazabilidade dos produtos ó consumidor e refrendará a súa calidade no mercado.

    Segundo Alejandra Álvarez, a posta en marcha deste selo de calidade para a horta galega podería ser inminente.

    Redacción Salnés