Rexéitase a demanda que pedía repetir as eleccións na confraría

    evangelinalago_100.jpgVILANOVA > O Contencioso Administrativo de Pontevedra desestimou a demanda presentada por tres mariscadores da Confraría de Vilanova …

    … de Arousa, na que pedían a repetición das eleccións ó pósito celebradas a finais do 2006. Os demandantes argumentaban que os seus nomes non estaban incluídos no censo electoral destes comicios.

    O Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, ven a darlle con esta decisión á razón á actual agrupación da confraría de Vilanova, quen asegurou dende un comezo que sempre se respectara a legalidade nas devanditas eleccións, polas Evangelina Lago, saíu elixida patroa maior da confraría arousá. Dende a confraría amosáronse esta mañá satisfeitos pola decisión do xulgado pontevedrés.

    A desestimación da demanda interposta baséase en que a participación dos denunciantes non houbese modificado o resultado das eleccións ó pósito da confraría de Vilanova de Arousa. Outro dos motivos esgrimidos polo xulgado, foi o feito de que na acta da votación celebrada á finais do 2006, non aparecía ningunha referencia a que se houbese impedido o dereito a voto a ninguén, nin que os denunciantes pretenderan naquel intre o seu dereito ó mesmo.

    Redacción Salnés