A folga dos empregados de Tercovi para o tráfico de contedores do Porto

    folga_tercovi_100_130709.jpgVILAGARCÍA> Os manifestantes esixen á empresa que se lles abone as mensualidades e as pagas extras que lles debe.

    {flowplayer}images/salnes/130709_folga_tercovi.flv{/flowplayer} 

    Tal e como anunciara o xoves a Federación de Transportes, Comunicacións e Mar de UXT, os trece traballadores da terminal de contedores do Porto de Vilagarcía iniciaron unha folga indefinida. De nada serviron as negociacións da pasada semana coa dirección de Tercovi, empresa encargada de xestionar estas instalacións. Os empregados néganse a volver ós seus postos mentres a entidade non lles ingrese as mensualidades que lles debe.

    Este paro afecta a un total de trece empregados, oito operadores da terminal dependentes de Tercovi e outros cinco traballadores que se encargan das labores de oficina e consignación contratados por Contenemar, o grupo ó que pertence Tercovi. Ó atraso no pago das nóminas súmase o despido de cinco traballadores de Contenemar.

    Os traballadores sosteñen que estes despedimentos son inxustificados, xa que a carga de traballo na terminal é moi elevada. Os traballadores responsabilizan desta situación á dirección da empresa e aseguran que non volverán ós seus postos ata percibir as mensualidades que lles deben.

    A folga está a ter unha incidencia directa no tráfico portuario. Nos vindeiros días está previsto que entre na terminal un novo contedor, e se o paro continúa, a embarcación terá que permanecer parada no peirao sen poder descargar.

    Redacción Salnés