Menor colleita en Rías Baixas polo pouco frío e os freos en floración

    SALNÉS> Despois do freo sufrido pola floración debido á caída das temperaturas, a chegada de chuvias volve a atrancar este estadío clave dos viñedos. Desde a Estación Fitopatolóxica do Areeiro apuntan que as escasas horas de frío que houbo durante o inverno poderían incidir en que este ano a colleita de Rías Baixas sexa menor que a do pasado. Un parámetro que dará algunhas pistas será o final de floración. A chuvia non pode volver en peor momento. Coa floración intentando culminar, as precipitacións destes días suporán un novo freo ó estadío crucial da vide e traerán consigo unha nova ameaza de mildiu, xa que ás chuvias hai que sumar temperaturas relativamente suaves. Os viticultores miran con inquedanza ó ceo e prepáranse para unha época decisiva. O outro quebradeiro de cabeza para os viticultores: o mildiu. As briscas variacións meteorolóxicas das últimas semanas crearon o clima perfecto para a proliferación do fungo e a chegada de novas precipitacións esta fin de semana non axuda. A recomendación, por tanto, estar alerta á posible aparición de novas manchas de aceite nas follas e axustar o prazo de aplicación, intentando ter a viña protexida antes do groso das choivas. En canto ós traballos en verde, Suso Paz recomenda realizalas en vindeiras semanas, sempre tendo en conta o tardío da poda. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/previsioncolleitariasbaixasareeiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/PREVISION_COLLEITA_ALBARINO.mp4{/flowplayer}