Vicepresidencia recoñece a legalidade da gardería de Cambados

    garderiacambados100_110308.jpgCAMBADOS > Concello e Vicepresidencia da Xunta parece que chegaron a un entendemento no asunto da gardería.

    A gardería de Cambados recibirá 39.200 euros de subvención concedida por Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. O Diario Oficial de Galicia incluía a Cambados na lista de centros de educación infantil que van a percibir axudas deste departamento autonómico. Pero ademais, desde a Xunta confirman que a escola infantil cambadesa xa se atopa en situación regular.

    Remata así o conflicto aberto entre Concello e Vicepresidencia por esta gardería. A Xunta tiña paralizadas as axudas a este centro argumentando que tiña un quinto módulo ilegal en funcionamento. O Concello alegou que toda a documentación estaba en regra e que todo tería que deberse a un erro de Vicepresidencia. Un tira e afrouxa que comezou a debilitarse coa marcha do responsable de Relacións Institucionais, Antón Losada. Agora vese confirmado con esta axuda.

    Redacción Salnés