Tocoulle sufrir ó Rasoeiro para doblegar ó pechacancelas

balonman250_110308.jpgGROVE > Os de Lao Santos enfrontábanse ó Tirso de Molina, pechacancelas da categoría, e sufriron máis da conta para levarse o triunfo (25-23). Ó final os puntos quedaron na casa.

A priori semellaba que era un partido sinxelo pero nada máis lonxe da realidade. O pechacancelas Tirso de Molina de Ferrol plantou cara dende o inicio ó Rasoeiro e o conxunto grovense non puido sentenciar o encontro ata ben entrada a segunda metade. O marcador, 25-23, reflicte as dificultades polas que pasaron os de Lao Santos para levarse a victoria.

Pódese dicir que os locais foron víctimas da relaxación, de saberse supeiores ó seu rival, e iso págase non só en balonmán, en tódolos deportes. Por iso fóronse ó descanso con empate no marcador, froito da falta de intensidade en defensa e ataque.

Tralo paso polos vestiarios mellorou algo a situación e os grovenses comezaron a ter pequenas rentas, pero que nunca superaron os dous goles. Entón foi cando veu o regalo dos visitantes, que mediada a segunda parte protestaron airadamente unha decisión arbitral que acabou con dous xogadores ferroláns excluidos. Diso servíuse o Rasoeiro para coller unha vantaxe de cinco goles que administraron ata o final.

Estes dous puntos sírvenlle para manterse na cuarta posición da xeral; a vindeira semana visitarán ó intratable líder Peguform, que conta 21 victorias en 22 partidos.

Destacar outros resultados nesta división na que o Cisne Grupo Pirsa de Pontevedra deu a sopresa gañando a domicilio ó segundo clasificado, o Magope por 23-27 mentres que o Aratai Poio caeu 24- 31 co Portadeza Lalín.

Redacción Salnés