Unha muller de 67 anos perde a vida tras ser arrolada por un camión

    atropelo_anciacopy.jpgVILAGARCÍA> O accidente tiña lugar nun dos pasos de peóns da rúa Edelmiro Trillo. Minutos antes un ciclista era atropelado por un vehículo na rotonda de Santa Mariña.

    {flowplayer}images/salnes/ATROPELOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Segundo informaron desde Protección Civil ó parecer a muller de 67 anos, veciña do municipio e que responde ás iniciais L.P.V., dispúñase a cruzala estrada cando un camión de reparto a investiu ata desprazala uns dez metros. Polo de agora, a investigación permanece aberta xa que precisamente por iso descoñécese o punto exacto no que se atopa a anciá. Aínda así, todo apunta a que estaba sobre o paso de peóns xa que o seu carro da compra si se podía visualizar enriba del.

    Ata o lugar tamén se desprazou á Policía Local. De seguido, foi trasladada ó Hospital do Salnés pero minutos despois de ingresar perdía a vida.

    Máis sorte correo o ciclista de 29 anos, con iniciais P.R.R, que foi arrolado por un vehículo na rotonda de Santa Mariña, tamén en Vilagarcía, minutos antes. O home só presentaba feridas leves: queixábase de dor nun ombro e tiña parte da cara e un brazo rascado. Aínda así tamén foi trasladado ó Hospital do Salnés pola ambulancia do 061. Ó lugar dos feitos tamén acudiu Protección Civil e a Garda Civil.

    Redacción Salnés