![]()
CAMBADOS > Unha estafa en internet ten ó borde da quebra a unha empresa de informática en Cambados. Asix Informática, unha pequena empresa que leva catro anos en funcionamento podería pechar as súas portas ó declararse insolvente se a xustiza lle obriga a pagar os 60 mil euros que o banco lle pide por un pedido realizado fai uns meses dende Andalucía e que se estaba cargando nunha conta nos Estados Unidos.
As sospeitas dos propietarios de Asix Informática en Cambados do volume de pedidos realizados por un cliente de Sevilla confirmoullos a propia entidade bancaria a través da que realizaban os pedidos: eran estafadores. Máis de 60 mil euros en material fácilmente vendible no mercado negro como ordenadores, portátiles, pantallas ou impresoras conforman o pedido que resultou ser un timo.
A entidade bancaria española non se fai cargo e reclama á empresa os cartos estafados. Os propietarios desta pequena empresa que comezaba a medrar xusto agora comezaron a sospeitar pero decidiron deixarse levar ante a verificación dos datos de cobro que levaba a cabo a propia entidade bancaria.
En realidade, os datos eran correctos pero os cartos estaban a ser cargados a un cliente en
Estados Unidos que denunciou os feitos, o que desembocou na paralización dos pedidos e descuberta da estafa. Mentres agardan a resolución da denuncia interposta a policía investiga os feitos. Tras poñerse en contacto con outros estafados e comprobar que non é a primeira vez que suceden casos semellantes, a empresa agrada que a xustiza os ampare. Pola contra veríanse abocados á quebra.
Redacción Salnés








