A audiencia de Pontevedra comeza a apertura de sacas do voto da emigración

    dv_734_-voto100.jpgPONTEVEDRA > A audiencia de Pontevedra comezou hoxe a abrir as sacas que conteñen os 38.900 votos emitidos polos galegos da diáspora,

    …integrantes do Censo de Españois Residentes no Estranxeiro. En termos porcentuais, en Galicia votaron o 40 % dos emigrantes censados, o que supón un incremento de case 9 puntos respecto ós anteriores comicios. E, de entre estes galegos emigrados, pénsase que o maior índice de participación é o do colectivo que reside na Arxentina.

    Malia estes datos, é moi difícil que o voto da emigración chegue a cambiar os resultados; polo que o máis probable é que cando remate o escrutinio, o PSOE e o PP manteñan cadanseus tres escanos ó Congreso e que o BNG continúe co seu único escano.

    O que si podería variar é o ranking do senador máis votado nesta provincia; aínda que o resultado non pasaría de ser un dato cuantitativo máis. Así as cousas, só cabe agardar a que as papeletas que agora xa están reintroducidas nas urnas; se reconten nos vindeiros días, para coñecer ás preferencias da inmigración.

    Redacción Salnés