O concello de Boiro denunciará a empresa adxudicataria da piscina

    denunciapiscinaboiro_100.jpgBOIRO> As reiteradas queixas de usuarios polo recorte nos servizos e a falta de mantemento do recinto levou o executivo boirés a adoptar esta decisión.

    Os abonados acoden as instalacións do complexo deportivo da Cachada non están satisfeitos co servizos que nos últimos meses está a ofertar a empresa adxudicataria. A pasada semana, un grupo deles mantivo unha xuntanza co grupo de goberno de Boiro para trasladarlle o seu malestar pola situación. Quéixanse da falta de mantemento nas instalacións e da suspensión de actividades deportivas. Hai uns meses  levaron a cabo unha campaña de sinatura recollendo máis de duascentas firmas que tamén foron remitidas á alcaldía.

    {flowplayer}barbanza/denunciapiscinaboiro.flv{/flowplayer}

    Incumprimento de contrato

    Ante isto, o executivo boirés tomou a decisión de levar perante os Tribunais a empresa adxudicataria do servizo por incumprimento de contrato. Dende o executivo local consideran que o complexo deportivo de A Cachada é rendible. Así o demostra o interese amosado por as oito empresas por facer ca xestión da piscina, segundo indicou o rexedor. Deira sinalou que a baixada non número de abonados, preto de trescentos nos últimos catro anos, non é motivo suficiente para xustifican perdas que superan os oitenta mil euros.

    O alcalde lamentou que os abonados teñan que sufrir esta situación pero asegurou que se darán os pasos necesarios para evitar que se deteriore a imaxe do complexo deportivo municipal.

    Redacción Barbanza