O TSXG ratifica a pena de 5 anos de cadea a un ribeirense por disparar á súa ex parella

RIBEIRA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ratificar a condena de cinco anos de cadea a un ribeirense acusado de disparar á súa ex parella cunha escopeta de balíns dende o balcón da súa vivenda.

A moza resultou ferida grave e tivo que ser ingresada no hospital Clínico con lesións de tal gravidade que ata se chegou a temer pola súa vida.

Ademais da prohibición de achegarse á vítima, a Audiencia Provincial impuxera no ano 2020 unha pena de 5 anos de prisión que agora vén de ser confirmada pola sala do penal do TSXG. Desestima así o recurso da defensa que alegaba a drogadicción como atenuante para conseguir unha rebaixa da condena