O BNG busca o recoñecemento institucional para Anxo Rei Ballesteros

    POBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha moción solicitando o recoñecemento da figura do escritor Anxo Rei Ballesteros. Piden que se inicien os trámites para o seu nomeamento como fillo adoptivo do concello e se lle dedique unha rúa ou praza. Malia que era natural de Boqueixón, Anxo Rei Ballesteros viviu durante máis de dúas décadas na Pobra. A súa figura, referente da literatura galega do século XX., forma parte da historia do municipio polo que o BNG vén de solicitar, por segunda vez, que se recoñeza oficialmente. Ademais da organización de actividades conmemorativas sobre o seu legado literario durante o mes das Letras Galegas, piden que se lle dedique unha rúa e que sexa nomeado fillo adoptivo na Pobra. Un ano despois do seu falecemento en 2008, o BNG xa presentara unha moción semellante para o seu recoñecemento institucional., Daquela, non saíra adiante. Agardan que o cambio na corporación faga posible, dunha vez por todas, situar ó emblemático escritor no lugar que merece.