![]()
POBRA > Os ex-edís socialistas da Pobra oficializaron un acordo co Partido Galeguista …
… para presentarse baixo estas siglas ós vindeiros comicios municipais a celebrar no mes de maio. Con toda probabilidade Antonio Moure será o cabeza de lista desta formación política na Pobra, que xa está a traballar na configuración dunha lista de posibles integrantes.
Despois de manter varios encontros co Secretario Xeral do Partido Galeguista, Manuel Soto, os ex-edis socialistas da Pobra do Caramiñal, Antonio Moure e Carlos Peleteiro, chegaron a un acordo definitivo para pasar a formar parte desta formación política e presentarse baixo estas siglas ós vindeiros comicios municipais.
O acordo fíxose público nun acto no Instituto Social da Mariña e nel participaron ademais de Moure e Peleteiro, o propio Secretario Xeral do P.G., Manuel Soto, e o vicesecretario, Francisco López.
Tanto Moure coma Peleteiro coincidiron na idea de que esta formación política virá a encher un baleiro existente na actualidade, tanto a nivel local coma provincial e autonómico. Un e outro fixeron alusión ó interesante proxecto do Partido Galeguista, destacando por riba de todo o respecto a autonomía dos concelleiros.
Redacción Barbanza









