J.R. Romero: ‘Síntome molesto e enganado’

BOIRO> O rexedor boirense di sentirse así, ó escoitar as palabras da conselleira de Política Social, Fabiola García, sobre a construción da nova residencia de Ribeira.

Segundo el, Boiro leva máis de dous anos agardando por unha reunión para abordar este proxecto, que agora parece ser que irá para outro lado.

Di que Boiro se merece unha residencia. E se non é a Xunta, non desbota a posibilidade de buscar financiamento por outro lado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí