Inaugúrase de xeito oficial a Escola de Idiomas de Vilagarcía

    idiomas100_130308.jpgVILAGARCÍA > O acto estivo amenizado pola lectura de  recitais dos alumnos en cada un dos idiomas que se imparten na Escola

    A Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía inaugurouse onte de maneira oficial coa presencia de varias autoridades da vila. O acto estivo amenizado pola lectura de poemas de Manuel María e recitais dos alumnos da escola en cada un dos idiomas que se imparten na Escola. Ademais os alumnos do conservatorio de Vilagarcía tamén participaron engadindo a nota musical.

    A inauguración oficial da escola de idiomas de Vilagarcía estivo presidida pola alcaldesa de da vila, Dolores García , o edil de cultura, Xosé castro Ratón e o presidente da mancomunidade do Salnés Jorge Domínguez. Todos asistiron a un acto no que participaron en diversas modalidades os alumnos dos distintos cursos de idiomas que se imparten nesta escola así como a lectura dun poema de Manuel María, co que o director xeral de FP abriu este inauguración

    A continuación e baixo o título “Letras e Notas” os alumnos dos distintos cursos recitaron diversas obras no idioma que estudan Mesmo se atreveron a representar un anaco teatral neste caso en alemán que deleitou a tódolos asistentes.

    Para finalizar os alumnos do conservatorio de Vilagarcía interpretaron pezas musicais poñendo así o toque musical ó acto. Unha destas actuacións foi unha interpretación da peza de Sebastián Bach .

    Redacción Salnés