BOIRO> O concello de Boiro vén de sacar a licitación o proxecto de mellora do campo da Mina, en Lampón, para dotalo de herba artificial. A actuación, cun orzamento de máis de 700 mil euros, financiarase con cargo ó POS da Deputación da Coruña.
O concello de Boiro avanza na mellora das súas instalacións deportivas co proxecto para dotar de céspede artificial ó campo de fútbol da mina. Superá un investimento de máis de 700 mil euros, dos que o 80 por cento está subvencionado pola Deputación da Coruña con cargo ó POS.
Unha vez concluída a mellora, Boiro contará con catro campos de herba artificial e un natural, para dar servizo a tódolos clubs do municipio.
Para o Sporting de Lampón, a mellora do campo virá satisfacer unha vella demanda do club que aspira a abrirse a categorías base.
As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o 9 de abril para presentar as ofertas. O concello agarda poder inicia os traballos en maio para ter esta instalación en servizo tralo verán.