Rianxo e Boiro asinan un protocolo de colaboración en materia de Política Social

BARBANZA> Os concellos de Rianxo e Boiro asinan un protocolo de colaboración en materia de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar. Entre os acordos recollidos no documento figuran levar a cabo actividades formativas e de divulgación de xeito conxunto ou ampliar a mellorar os servizos que xa se veñen compartindo nestes momentos como é o caso do Centro de Información á Muller.

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o seu homólogo de Boiro, José Ramón Romero, asinaron un convenio de colaboración en Servizos Sociais, Igualdade e Benestar que permitirá mellorar a coordinación e cooperación que xa existe entre estes dous concellos en esta materia. No protocolo asinado inclúense unha serie de apartados entre os que se atopan levar cabo actividades formativas e de divulgación de forma conxunta; homoxeneizar os regulamentos municipais en materia de igualdade, benestar, inclusión ou servizos sociais; ou ampliar a mellorar os servizos que xa se veñen compartindo como é o caso do Centro de Información á Muller.

Os dous concellos non descartan que este tipo de convenios se leven tamén a outras áreas como pode ser o da recollida de lixo, na busca de mancomunar servizos, de cara a abaratar custes e poder xestionar dun xeito máis eficiente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí