O Interrías perde ante un rival directo e complícase a vida

futbolsala250_160310.jpgSALNÉS> O Grupo Junquera perdeu en Fisterra e sumou o seu cuarto partido consecutivo sen coñecer a victoria. Tamén caeu o Viajes Interrías, e con estrépito, ante un rival directo.

Resultado difícil de asimilar para o Viajes Interrías que caeu goleado fronte a un rival directo como o Superti Pontenova. O 2-8 quizais é demasiado abultados para os méritos que fixeron uns e outros.

Ben é certo que o Interrías levou o peso do encontro aínda que nunca estiveron cómodos. Puideron adiantarse dúas veces no marcador pero os lucenses empataron antes do descanso.

Con 2-2, as cousas torcéronse na reanudación. Dous tantos visitantes obrigaron a Salgueiro a poñer en liza o porteiro-xogador, aposta que non tivo o resultado agardado. Cos portoveses volcados chegarían catro goles máis do Pontenova cos que se pecharía o encontro.

Non poden despistarse porque cada vez teñen máis preto o descenso. Os resultados que saquen nos vindeiros partidos antóllanse decisivos para acadar a permanencia. O primeiro que terán que traballar é a defensa, non en van son o con xunto que máis goles reciben da categoría cunha media de seis por encontro.

Nova derrota para o Grupo Junquera que sumou con esta a cuarta xornada consecutiva sen gañar. Semella que os de Rodrigo Feijóo baixaron os brazos logo de distanciarse dos dous primeiros postos da táboa. Por iso perdeu oi terceiro posto da xeral en favor do Trabada e podería incluso caer máis abaixo na clasificación xa que conta cun partido disputado máis que os seus perseguidores.

O certo é que os vilagarciáns non completaron un bo partido ante o Fisterra, que se facer nada do outro mundo levouse os puntos. O Junquera foi sempre a remolque no marcador e iso fixo que tomasen moitos máis riscos, véndose obrigados a manterse na cancha durante moitos minutos con porteiro xogador.

Os goles de Adrián e Chini non foron suficientes para puntuar e os locais gañaron por 4-2.

A vindeira semana o Junquera recibirá en Fontecarmoa ó Redondela.

Redacción Salnés