A Deputación entrega subvencións a 29 olímpicos

PONTEVEDRA> O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, fíxo entrega onte dunha axuda económica de 100.000 euros a un total de 29 deportistas da provincia. Unha achega destinada á preparación dos Xogos Olímpicos de Londres 2012. A subvención foi entregada nun acto celebrado no Pazo Provincial.

{flowplayer}images/salnes/olimpicos_301211.flv{/flowplayer} 

Segundo Rafael Louzán, a provincia de Pontevedra está ante a mellor xeración de deportistas olímpicos da súa historia. Destacou principalmente a figura de David Cal, que pode converterse no atleta español máis laureado nuns Xogos se consigue acadar unha medalla en Londres.

O acto, presentado polo xornalista Terio Carrera, contou tamén coa presencia do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa.

De entre os 29 deportistas que recibiron as achegas para estes Xogos Olímpicos, catro deles son arousáns. Os casos dos regatistas Antón e Carlos Paz, que terán complicada a súa presencia en Londres, e David Maqueira e Paulino Otero, os padexeiros cambadeses do Náutico O Muíño de Ribadumia.

Tamén estiveron no acto outros deportistas coñecidos como ‘Perucho’, Fernando Echávarri, Teresa Portela ou Tamara Echegoyen.

Redacción Salnés