Zaragoza, lugar idóneo para mellora-la imaxe coma visitante

baloncesto250_140308.jpgSALNÉS > Só o Establecimientos Otero xogará esta fin de semana coma local, nun interesante encontro ante o líder Cafegal Pabellón. Extrugasa e Inelga disputan fóra dous encontros nos que parten coma favoritos.

Boa oportunidade ten o Extrugasa esta fin de semana para vencer por fin fóra da casa, despois de tres meses sen facelo. Enfronte terán ó Mann Filter Zaragoza, que leva toda a liga metido nos postos baixos da xeral pero que comeza a asomar a cabeza despois de ter gañado catro dos últimos sete encontros que disputou.

Un triunfo sería clave para as vilagarciáns de cara a seguir mantendo certa diferencia cos equipos que as perseguen na loita por meterse no playoff. Isaac Fernández poderá contar con tódalas súas xogadoras, aínda que varias delas arrastraron molestias durante a semana, como Agne, Sara e Asurmendi.

Ademais, onte confirmouse a imposibilidade de retrasar nun día o partido da vindeira semana entre Extrugasa e Ros Casares, ante a negativa do equipo valencián. Polo tanto, coincidirán en xogo este partidazo da liga feminina coa final da Vilagarcía Basket Cup.

En Liga EBA, o Inelga desplázase a Zamora coa intención de acada-la súa sexta victoria consecutiva, o que lles colocaría nunha posición privilexiada dentro da xeral. O rival, en clara ascensión nas últimas semanas, é cuarto pola cola e caeu por 27 puntos de diferencia cando visitou Fontecarmoa no partido de ida. Seguro que os de Juan Espiñeira tentan repetir un partido semellante.

Unha división por debaixo o Establecimientos Otero buscará da-la sorpresa e gañar no Pombal ó líder Cafetal Pabellón. Un encontro, que se disputará ás 19:00 e que promete ser de alto nivel.

Redacción Salnés