O executivo outense aproba as obras do PAI 2016

    OUTES> As actuacións previstas serán a humanización da rúa do Tines e a pavimentación da praza de Galicia e as rúas Conchido e Rosalía. Outes destinará a totalidade dos 230 mil euros que lle corresponderán este ano con cargo ó Plan de Aforro e Investimento da Deputación da Coruña á realización de dúas actuacións, ó non ter a día de hoxe débeda algunha con proveedores nin bancos. A primeira delas será a humanización da rúa do Tines por un importe total de máis de 140 mil euros. A outra obra prevista será a pavimentación da praza de Galicia e as rúas Conchido e Rosalía nas que se investirán 87 mil euros. O executivo local que preside Carlos López Crespo redactou tamén un proxecto para mellorar unha serie de camiños rurais que dan acceso a explotación agropecuarias por un importe de máis de 87 mil euros dos que o concello deberá facerse cargo tan só do IVE, e o resto será asumido con cargo a unha subvención de AGADER. As obras realizaranse nas zonas de Valadares, Entins e Roo.