As familias xitanas de O Vao deixan Monte Porreiro

    monteporreiroprotesta_100.jpgPONTEVEDRA > As familias xitanas realoxadas nos pisos das rúas Alemania e Portugal do barrio de Monte Porreiro volveron a O Vao. Esta decisión tomárona …

    … logo das presións feitas polos veciños do barrio, e previo compromiso da Consellería de Vipresidencia de atoparlles outros fogares fóra deste barrio. Un lugar ó que segundo comunicou o presidente da asociación Pueblo Gitano, Sinaí Giménez, non pretenden volver.

    Parece logo que os veciños de Monte Porreiro acadaron o buscado coas súas protestas. A última delas onte, onde tentaron boicotearon a pasarela de Pontus Veteris. Uns dous centos veciños do barrio pontevedrés e tamén da vila de Pontecaldelas, Caritel, concentráronse ás portas do recinto feiral onde se celebra o certame. Durante uns cinco minutos mesmo deixaron sen son á pasarela cando desconectaron a súa subministración eléctrica. Con todo, o desfile puido saír a diante, iso si, co ruído de fondo dos berros dos manifestantes.

    Redacción Salnés