O PSOE denuncia as obras que a empresa Fiestas Galicia SL executa no Pazo Xunqueiras

    obrailegal_100_140308.jpgPOBRA > Os socialistas pobreses consideran que a obra é ilegal ó non dispor das correspondentes licenzas municipal e autonómica. 

    {flowplayer}barbanza/obrailegal.flv{/flowplayer}

    A agrupación local do PSOE da Pobra vén de denunciar unha edificación que se está a construír no interior do recinto do Pazo da Torre Xunqueiras por carecer das licenzas municipais e autonómicas correspondentes, por tratarse de solo rústico de protección patrimonial. Segundo explicaron os socialistas malia ter cursado ante o concello esta denuncia ata en dúas ocasións a día de hoxe os traballos de construcción continúanse executando.

    Os concelleiros da agrupación local do Psoe da Pobra expresaron o seu malestar porque malia denunciar ante o concello en reiteradas ocasións estes traballos de edificación, certificaron que os operarios seguen a traballar na construcción deste inmoble e que de momento non se paralizaron as obras.

    Ante esta situación os socialistas voltaron denunciar ante a Policia Local que realizou un informe no que se constantaba que os traballos seguíanse executando. Mostranse indignados polo caso omiso que se fai as súas denuncias, tanto por parte dos promotores da edificación como por parte das administracións e consideran que existe un agravio comparativo fronte a outros cidadáns ao tempo que o grupo de goberno exerce a súa política baseada no amiguismo.

    Dende o concello aseguraron que xa se cursaron tódalas denuncias ante os organismos competentes e que están a espera de coñecer a súa valoración. Tamén quixo dar a súa versión Juan Manuel Buezo, representante da empresa promotora, que sinalou que posúen as licenzas correspondentes e permisos pertinentes en regra para poder edificar no recinto de o Pazo de Xunqueiras. Considera os edis socialistas non fixeron ningún esforzo en informarse con veracidade neste tema e que con estas acusacións lles están a causar danos morais e prexuizos económicos.

    Redacción Barbanza