Ribeira disporá dunha nova aula CEMIT antes do verán

    novaaulacemitribeira.jpgRIBEIRA> O secretario xeral de Medios visitaba esta mañá o local no que se ubicará a futura aula CEMIT, nos baixos da escola infantil en Cubeliños.

    {flowplayer}barbanza/novaaulacemitribeira.flv{/flowplayer}

    Xunto ó alcalde, Manuel Ruíz, o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, puido coñecer de primeira man o local no que se ubicará a nova aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión tecnolóxica, CeMit. Un espazo de 80 metros cadrados nos baixos da escola infantil existente en Cubeliños. A intención é de que poida estar operativa no mes de xuño.

    O rexedor agradeceu a actuación que permitirá dispor dunha aula nova, que se sumará á xa existente nos baixos da confraría de pescadores da localidade, á de Aguiño e tamén á aula itinerante polas parroquias.

    Totalmente equipada

    A aula estará totalmente acondicionada, dispoñendo de diverso material audiovisual e informático, con 13 ordenadores e un equipo profesional de videoconferencia, a través da cal estará conectada á Rede Corporativa da Xunta de Galicia, o que lle permitirá beneficiarse de tódolos eventos formativos e divulgativos que se realicen en calquera dos 98 centros que integran a Rede en Galicia.

    Redacción Barbanza