Mar afirma que se están a estudar medidas para paliar as perdas provocadas polos temporais

BARBANZA> Mar agardará ó resultado dos estudos que se están a realizar pola elevada mortaldade de marisco nos areais a consecuencia dos temporais antes de habilitar axudas extraordinarias ó sector. Así o anunciou a propia Conselleira, Rosa Quintana, en sede parlamentaria en resposta a unha pregunta formulada polo BNG.

Quintana aludiu tamén a que a Xunta puxo a disposición do sector máis de dous millóns de euros para actuacións nos bancos marisqueiros, uns fondos que segundo ela poden empregarse para facer fronte ó impacto das inclemencias meteorolóxicas e da baixa salinidade das augas.

Unhas achegas que para o BNG serán insuficientes, polo que insistiu na necesidade de sacar unha liña de axudas extraordinaria para poder facer fronte á perda de ingresos do sector marisqueiro, os máis prexudicados por esta situación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí