Os concellos ultiman as reservas da Semana Santa que arrinca mañá

    semanasantasanxenxo_100.jpgSANXENXO > Mañá xa arranca a Semana  Santa. Os concellos máis turísticos da comarca do Salnés, entre eles como non Sanxenxo,  esperan que o bo tempo lles permita contar …

    … cunha importante afluencia de xente, a pesares da fronte que chegará ata as Rías Baixas esta fin de semana.

    A Semana Santa inicia case sempre en Sanxeno a tempada turística do concello, un preferidos polos turista na provincia de Pontevedra . Este ano comeza algo máis cedo, o que lles fai temer ós hostaleiros que se animen menos persoas a visitar este concello das Rías Baixas, que ten no turismo de sol e praias un dos seus principais atractivos.

    Así e todo, dende o Consorcio de Empresarios Turísticos da vila, o seu secretario, Alfonso Martínez, dixo que confían en que a tempada sexa boa, xa que nos hoteis da vila xa hai unha alta porcentaxe de reservas feitas. Só falta que o bo tempo os acompañe, malia que para esta fin de semana se vai deixar ver unha fronte polas Rías Baixas.

    Os días fortes da Semana Santa adoitan concentrarse a partires do xoves santo, este ano, un día antes, co festivo de san Xosé. Ademais nalgúns concellos galegos e noutras comunidades autónomas coma o País Vasco, o luns seguinte ó domingo de Pascua, tamén e festivo, polo que esperan que se anime máis xente a coller unhas pequenas vacacións nestas datas.

    Concellos do interior coma Ribadumia tamén propoñen unha alternativa de turismo etnográfico e natural. Os muíños de auga, as sendas, pazos e adegas son a principal oferta para os visitantes, que tamén poderán dispor nestes días do asesoramento que prestan as oficinas de información turística para completar a súa estadía pola comarca.

    Redacción Salnés