Morren dúas rapazas afogadas tras caer co seu coche ao mar

    cochevilaxoan100_jpg.jpgVILAGARCÍA > Dúas mozas morreron afogadas ao caer o seu coche ao mar no peirao de Vilaxoán. O accidente produciuse a iso das oito e cuarto da tarde, ….

    … cando xa anoitecera. Todo apunta a que o sinistro fose causado por un descoido das dúas rapazas, ó pisar o acelerador en lugar da marcha atrás. As vítimas de 23 e 24 anos, eran veciñas da parroquia da Xunqueira, en Vilagarcía. A

    s dúas rapazas atopábanse no interior do vehículo, un Peugeot branco, que por causas que aínda se descoñecen se precipitou ó mar. Todo apunta a que se puido tratar dun despiste. E aínda que as mozas reaccionaron prendendo as luces do vehículo, para facilitar a súa localización, non puideron facer nada por saír do mesmo. Ademais, unha rapaza e un gardacostas que tamén se atopaban nese intre no peirao tiráronse ó mar para intentar salvalas. Pero a presión da auga fixo imposible romper os cristais do vehículo.

    15 minutos máis tarde chegaron ata o peirao efectivos dos Bombeiros do Salnés, Protección Civil, a Policía Local e unha ambulancia medicalizada do 061. Engancharon cun cable ó coche e arrastrárono ata a superficie. Logo intentaron reanimar sen éxito ás rapazas. Agora o seus corpos permanecen no hospital provincial de Pontevedra onde se lles realizará a autopsia.

    Redacción Salnés