Zarpazo do ‘Ourense’ na terceira etapa das Rías Baixas

ourense250_130808.jpgVILAGARCÍA > A Regata Martín Códax continúa co seu periplo polas Rías Baixas. Esta tarde disputouse a terceira etapa entre A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía.

Ás 13:30 comezaba a terceira regata da Rías Baixas Martín Códax dende o Club Náutico Caramiñal. Os barcos, coma sempre, fixeron unha saída meteórica, moi espectacular e moi igualada. Por diante, como xa nos ten acostumados, colocábase o Bizkaia – Maitena.

Para hoxe o director da regata, Fernando Giraldo, deixou preparada unha sorpresa, unha dobre baliza de desmarque, primeira vez que se montaba na historia da regata, para que os barcos optasen por virar nunha das dúas e evitar riscos de colisión.

Cunhas condicións climatolóxicas favorables, os barcos non tardaron en cubrir o percorrido de 16 millas, e contra as 16:15 xa se deixaron ver no Porto de Vilagarcía os primeiros clasificados.

Así as cousas, O Pairo VIII de José Luis Freire e o Galicia Xove Caixanova, de José Lis, son os líderes das divisións regata e regata-cruceiro. Excelente actuación do Ourense, que se mete de cheo na loita pola victoria entre os regata, e tamén do Solventis en regata – cruceiro, que superaron o Turismo Rías Baixas de Javier de la Gándara e son segundos na xeral.

Digno de destacar tamén o papel do Castrosúa de Guillermo Alonso, que co seu segundo posto de hoxe, colócase colíder.

Para mañá xoves queda a penúltima etapa entre Vilagarcía e Sanxenxo, que dará comeza ás 12:30 que os participantes terán que cubrir as 25 millas náuticas que separan ambos portos pontevedreses.

Redacción Salnés