Abre ó tráfico a partir de mañá o treito da autovía do Barbanza entre Dodro e Rianxo

    reaperturaautovia_100_170308.jpgBARBANZA > Política Territorial reabrirá mañá ó tráfico a vía rápida, no treito comprendido entre os enlaces de Dodro e de Rianxo.

    {flowplayer}barbanza/reaperturaautovia.flv{/flowplayer}

    No treito que se reabrirá mañá pola tarde ó tráfico entre Dodro e Rianxo, de 15,5 quilómetros, tan só se poderá cicular por un carril en cada sentido, compatibilizando o tránsito de vehículos coas obras de transformación desta infraestrutura en autovía. Por este motivo, dende a Consellería de Política Territorial faise un chamamento ós condutores para que extremen a precaución e circulen con prudencia, respectando a sinalización en todo o treito desta estrada.

    Esta apertura parcial contribuirá a axilizar o tráfico nunhas datas festivas, as de Semana Santa, nas que se incrementan notablemente os desprazamentos á zona do Barbanza. Ós 15,5 quilómetros que entran mañá en servizo, hai que engadirlle tamén o tramo de quilómetro e medio comprendidos entre a AP-9 e o enlace de Dodro, e 2 quilómetros máis entre Palmeira e Ribeira, que actualmente xa están abertos ó tráfico.

    Polo tanto, do total de 40 quilómetros cos que contará a nova autovía, en aproximadamente a metade, 19 quilómetros, poderase circular por parte da nova plataforma. O percorrido entre Rianxo e Palmeira, como se viña facendo ata o de agora, deberá efectuarse a través da estrada AC-305, á que se poderá acceder polos enlaces que estarán debidamente sinalizados.

    Molestias

    A Consellería de Política Territorial lamenta as molestias que as obras de transformación da Vía do Barbanza en autovía están a ocasionar á cidadanía e, moi especialmente, ós veciños desta comarca, pero son obrigadas para dispoñer dunha infraestrutura moito máis segura e con maior capacidade.

    Precisamente esta previsto que mañá martes a propia conselleira, María Xosé Caride, se desprace ata a zona para supervisa-la marcha dos traballos que se estiveron desenvolvendo nos últimos meses.

    Redacción Barbanza