Máis de vinte colectivos suscriben a proposta contra a variante interior

sensibilizacionvariante_100_250308.jpgNOIA > A plataforma contra a variante preferente continúa na procura de apoios para instar á Xunta a que opte pola ponte sobre a ría e un tramo da opción C.

{flowplayer}barbanza/sensibilizacionvariante.flv{/flowplayer}

Dende hai varias semanas a plataforma intensificou a campaña que levan realizando dende o mes de xaneiro buscando apoios en sectores económicos e sociais da comarca.

Grazas a un arduo labor informativo levado a cabo en varios concellos, máis dunha vintena de colectivos xa se solidarizaron con esta causa subscribindo un documento conxunto de adhesión a proposta da plataforma.

Entre outros, figuran os productores de mexillón, xubilados do mar, ou cazadores da sociedade de San Xoán de Serres, todos no concello de Muros. Do mesmo municipio, varios colectivos deportivos e asociacións culturais como Galanía, Monte Louro, ou os corales Santa Mariña de Esteiro e San Diego de Muros. No concello de Outes contan co apoio da Apa do colexio de A Serra e a asociación de empresarios.

Falta de vontade política

A acta asinada será remitida a Consellería de Política Territorial e a Presidencia e vicepresidencia do Goberno da Xunta de Galicia. Bustelo lamenta a falta de interese que mostra o executivo autonómico por atendelos, denegando, hai uns días unha audiencia co presidente Emilio Pérez Touriño.

Considera que non existe vontade política para dar luz verde a variante, entre outras cousas, pola proximidade das eleccións autonómicas. Así llelo insinou o deputado socialista Lage Tuñas nunha conversa que mantivo con el e co voceiro de Infraestruturas do PP, Alejandro Gómez, hai uns meses.

O último colectivo en sumar apoios a plataforma foi a asociación de Usuarios da praza de Abastos de Noia. Bustelo espera que nos vindeiros días haxa novas incorporacións de entidades noiesas e do concello de Outes. O seguinte paso será intentar reclamar apoios en entidades tanto públicas como privadas do concello de Porto do Son.

Redacción Barbanza