Noia acolleu esta pasada fin de semana a III Xornada da Camelia

mostracamelianoia_100_090309.jpgNOIA> No certame déronse cita cultivadores chegados dende diferentes puntos de Galicia.

{flowplayer}barbanza/mostracamelianoia.flv{/flowplayer}

 

Un bo número de persoas visitaron durante as xornadas do sábado e do domingo a exposición da camelia no claustro do concello noiés. A cifra de visitantes vén a amosar unha vez máis o éxito de organización desta mostra que por terceiro ano consecutivo se vén desenvolvendo na comarca de Muros-Noia e que se está a converter nunha cita case obrigada dos afeccionados a esta pranta, unha das máis características de Galicia.

Na exposición en Noia participaron cultivadores chegados de diversos puntos de Galicia, moitos deles dos municipios das comarcas do Barbanza, Sar, Muros e Noia, aínda que tamén asistiron expositores doutras zonas.

 

Próxima cita en Porto do Son

 

A organización da iniciativa correu a cargo da Sociedade Española da Camelia e das concellerías de Cultura dos concellos de Noia, Lousame, Outes e Porto do Son. Precisamente a intención da organización pasa fundamentalmente porque a vindeira edición da mostra, a do ano que vén, se celebre na localidade sonense.

 

Redacción Barbanza