VILAGARCÍA > O PP de Vilagarcía ven de manifestar a súa perplexidade pola actitude que ven mantendo o goberno trala decisión da Xunta …
…de Galicia e a FEGAMP de suprimir o servizo municipal de intervención rápida de toda a comunidade autónoma prexudicando de forma específica a Vilagarcía de Arousa. O seu voceiro Tomás Fole critica a pasividade coa que segundo el o executivo Vilagarcía está a tratar a problemática. Para o PP o bipartito non busca alternativas nin asume responsabilidades.
Sen o servizo municipal de intervención rápida ou Grumir e sen os voluntarios de protección civil, Vilagarcía atópase desprotexida. Unha situación que o grupo popular cualifica de indignante e afirma que agora o problema é responsabilidade do goberno local, ó cal insta a buscar solucións e non continúe coa actitude actual, responsable, incoherente e improvisada
Ata o de agora a Xunta de Galicia dispuxo que tódalas emerxencias sexan atendidas polos bombeiros que no caso do Salnés atópase mancomunado, uhaha condición que dende o popular impide dar servizo a tódolos concellos Por iso o PP solicitou unha xunta de portavoces ó goberno local para trata-la problemática.
Os populares tamén levarán ó pleno unha moción de urxencia e diversas preguntas sobre a continuación ou as alternativas ó conflicto do Grumir co obxectivo de que a alcaldesa Dolores García e o seu equipo de goberno manifesten a súa postura sobre o tema.
Redacción Salnés