Manuel Vázquez explicará no Grove o proxecto da depuradora

    cacabelos_manuelvazquez100_250308.jpgSANTIAGO > O Conselleiro de Medio Ambiente visitará o Grove para explicar ós veciños o proxecto da depuradora. O asunto foi abordado esta mañá …

    … en Santiago nunha reunión que mantivo co alcalde José Antonio Cacabelos.

    O rexedor solicitoulle que mantivera unha reunión cos colectivos veciñais e os representantes do sector marisqueiro para explicarlle polo miúdo as características desta instalación. Pediulle ademais que se alongase o emisario previsto de 300 a 700 metros para evitar incidir nas bateas de marisco e as súas captacións. O conselleiro concretará todas estas peticións nunha visita ó Grove, aínda que non ten data fixada.

    Nesta reunión Cacabelos presentou tamén un proxecto para revalorizar o patrimonio ornitolóxico do Grove. O plan centraríase nas zonas de Bao e de Bodeira e propón investimentos en rutas de sendeirismo e campañas de divulgación e promoción. Medio Ambiente amosou a disposición a colaborar economicamente cunha achega de entre 60.000 e 75.000 euros.

    Redacción Salnés