Sanxenxo contará cunha nova alameda na zona de Miraflores

    futuraalamedamiraflores_100_160807__still_001.jpgSANXENXO > Segundo a alcaldesa, o novo espazo verde estará diante do pazo Emilia Pardo Bazán e terá unha superficie de 6.300 metros cadrados.

    Os traballos no entorno de Miraflores comezarán o vindeiro mes e incluirán un deseño acorde ó entorno con árbores, mobiliario urbano e un estanque de auga. O Concello xa comezou a instalación do parque infantil que se emprazará neste terreo e que estará destinado a nenos de 3 a 14 anos. A área contará cunha superficie de 125 metros cadrados cun pavimento de seguridade de caucho e diversas estruturas mecánicas para os máis pequenos.

    O espazo estará pechado con valos de madeira para evitar a entrada de animais domésticos e facilitar o control dos nenos. Sanxenxo dispón actuamente de máis de 325.000 metros cadrados de zonas verdes repartidas en 61 áreas, ás que proton se incorporará ésta e outra en Punta Vicaño onde tamén se instalará un parque infantil.

    Redacción Salnés