A Mancomunidade ultima os preparativos para Fitur

SALNÉS> A pouco máis dunha semana do seu paso pola Feira Internacional de Turismo de Madrid, a Mancomunidade do Salnés prepara a presentación dos seus atractivos nesta importante cita do sector. O ente é consciente da importancia deste evento, que aproveitará para amosar en gran parte unha imaxe moderna do seu territorio.

A Mancomunidade do Salnés está a preparar todo o seu arsenal para conquistar ao público da Feira Internacional de Turismo. A cita será en Madrid, e o ente ten prevista a súa presentación o xoves.

O ente comarcal compartirá stand co concello de A Illa de Arousa, e centrará gran parte dos seus esforzos en proxectar unha imaxe moderna do seu territorio, ofrecendo os seus atractivos a un público con forte presenza profesional.

O presidente da Mancomunidade amosouse moi satisfeito polos resultados que xa conseguiron en edicións pasadas de Fitur, así como tamén dos importantes avances que se teñen rexistrado en materia turística na comarca.