Cambados despide o seu ano como Cidade Europea do Viño dende San Sadurniño

CAMBADOS> O pasado sábado Cambados despediu de xeito simbólico o seu papel como Cidade Europea do Viño 2017. O concello organizou unha festa diante da Torre de San Sadurniño com colofón das celebracións que acolleron ao longo do 2017. Aínda serán Cidade Europea ata que a seguinte localidade tome posesión de xeito oficial. Pero a intención do concello é manter algunhas das actividades que puxeron en marcha co gallo deste nomeamento. Falamos con José Ramón Abal, edil de enoturismo de Cambados.