O persoal do hospital da Barbanza convoca unha folga para o 1 de setembro

BARBANZA> Era algo que xa anunciaran…E finalmente levarano a cabo.

Os médicos do hospital da Barbanza irán a folga e a data escollida é o 1 de setembro.

A convocatoria deste paro responde a diferentes motivos, entre os que se atopa principalmente o progresivo deterioro da validade asistencial.

Demandan que a Xerencia da Área Sanitaria Santiago-Barbanza atenda as súas solicitudes, entre as que se atopan saber cal é o número de pacientes hospitalizados que debe atender un internista nunha xornada de mañá ordinaria é que solución lle dá no caso de que se supere.

Tamén queren unha resposta o máximo de gardas por mes que debe asumir cada facultativo nos distintos servizos e que se estableza durante que meses debe contar a área de urxencias con tres médicos no quenda de noite.

Outra das súas reclamacións garda relación co pago inmediato de tódalas horas de xornada complementaria realizadas polos médicos en urxencias en 2021 que aínda están pendentes de pago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí