Campos, Mascato e Aguín, candidatos a mellor deportista

deportemeco250_250308.jpgGROVE > O vindeiro domingo día 30 daranse a coñecer na Gala do Deporte Meco os nomes dos mellores deportistas do Grove no 2007. Na cerimonia, que se celebrará no Cine Marino, repartiranse galardóns en 14 categorías diferentes.

Un ano maís celebrarase a que xa ven sendo habitual Gala do Deporte Meco, que desta volta cumple o seu cuarto aniversiario. Nesta ocasión os finalistas ós diferentes premios e mencións foron elexidos por un xurado conformado por varios representantes dos medios de comunicación que cubren con asiduidade a vida deportiva grovense.

Jorge Aguín, David Mascato e Tono Campos optan ó premio máis desexado en categoría masculina, o que designa ó mellor deportista de élite. Campos e Mascato, padexeiros do Breogán, acadaron recentemente a súa clasificación para o Campionato de Europa de Piragüismo en Augas Tranquilas, mentres que Aguín é un habitual dentro das probas de descenso de Mountain Bike nos Campionatos Nacionais e Continentais. En categoría feminina optan o premio a xogadora de balonmán Vanesa Lois e a amazona Sara Domínguez.

Ó galardon de mellor club optan o Club Remo Mecos, o Rasoeiro e o Breogán, todos eles considerados polos bos resultados colleitados este ano nas diferentes competicións e tamén polo intenso traballo que fan co deporte da base. A mellor adestrador son candidatos Quito Parada, do Rasoeiro, Manu Bello, do Club Baloncesto o Meco, e Francisco Otero “Kirri”, de Mecos.

A organización repartirá tamén premios entre os mellores deportistas amateurs e promesa tanto en categoría masculina coma feminina así coma se fará un recoñecemento ás empresas colaboradas e patrocinadoras que axudan a impulsar o deporte meco.

Redaccíón Salnés