José Vicente Domínguez dará o pregón da Festa do Polbo de Palmeira

RIBEIRA> Palmeira acolle esta fin de semana a Festa do Polbo pola que se prevé que pasen ó redor de catro mil comensais. O escritor José Vicente Domínguez será o pregoeiro desta cita gastronómica.

Unhas catro mil persoas pasarán por Palmeira entre o sábado e o domingo para degustar un dos manxares da nosa ría, o polbo. Instalaranse tres carpas na zona portuaria onde os visitantes terán ocasión de ver a elaboración do produto da man dos expertos cociñeiros da Pulpería García. A cita dará comezo o venres co pregón inaugural a cargo do escritor palmeirán José Vicente Domínguez.

Ademais da degustación gastronómica na que non só se servirá polbo senón tamén empanada, churrasco e pementos de Padrón, haberá actuacións musicais durante toda a fin de semana.