Os veciños de Monte Porreiro e Caritel toman o concello de Poio en protesta polo realoxo dos xitanos

    alcaldepoio100_260308.jpgPOIO > O Concello de Poio viviu onte un dos momentos máis tensos dentro do conflicto aberto polos realoxos do Vao

    {flowplayer}images/salnes/protestaspoio.flv{/flowplayer}

    POIO > O Concello de Poio viviu onte un dos momentos máis tensos dentro do conflicto aberto polos realoxos do Vao. O coche do alcalde apareceu danado e o propio Luciano Sobral tivo que saír escoltado pola Garda Civil da Casa Consistorial. E todo isto, tras unha manifestación de veciños de Monte Porreiro e Caritel, barrios onde se alugaron vivendas para as familias xitanas.

    Luciano Sobral precisou da escolta da Garda Civil para poder saír da casa consistorial xa preto da media noite ó permanecer no exterior un centenar de manifestantes. Ademais, o seu coche resultou danado tralos incidentes acontecidos onte á noite no pleno municipal. Son as consecuencias da indignación dos veciños de Monte Porreiro en Pontevedra e de Caritel en Pontecaldelas polos realoxos de familias xitanas do Vao nos seus barrios.

    Onte concentráronse coas súas pancartas en Poio, preto de cento cincuenta veciños ás portas do concello e no salón de plenos outro medio centenar. Un dos momentos máis tensos foi cando o alcalde e a edil de Servizos Sociais compareceron a petición do PP para explicar o proceso de realoxo. Ambos defenderon a actuación do Concello aínda que recoñeceron os problemas de integración. Sobral indicou que aínda non decidiron que facer cos inmobles das rúas Portugal e Alemania de Monte Porreiro.

    Desde Ponte Caldelas, o alcalde Perfecto Rodríguez condenou estes actos violentos e considera que a única solución que hai para calmar este conflicto é a volta atrás dos realoxos realizados. Desde Pontevedra os grupos municipais tamén condenan o ocorrido onte e mesmo se cuestionan o seu apoio ós veciños. No parlamento de Galicia tamén se falou hoxe sobre este asunto. O vicepresidente da Xunta Anxo Quintana afirmou que o goberno galego non ten competencias para desaloxar ou realoxar a estas familias pero si para colaborar cos concellos.

    Redacción Salnés