Boiro cerrou o seu Mercado Castrexo con gran éxito de público

BOIRO> A pesares de que o tempo non acompañou, o Mercado Castrexo de Boiro cerrou as súas portas cunha gran afluencia de xente. Ata o centro da vila acercáronse veciños e turistas para desfrutar dunha festa que se está a converter en habitual. Os asistentes puideron recordar o pasado castrexo de Boiro. Todo grazas ó medio centenar de postos de artesanía e gastronomía que non quixeron faltar a esta cita medieval. Actuacións con malabares ou xogos con lume, foron varios dos atrativos nestes tres días de troula en Boiro. A empresa organizdora, Xema Comunicación, apostou pola música en directo e conseguiu encher a rúa peatonal. Tamén houbo tempo para o desfrute dos máis pequenos. Durante a fin de semana tódolos cativos que pasaron pola vila, puideron participar no Campamento Castrexo. Onde aprenderon a fabricar cestos e pezas de cerámica, como o facían os seus antepasados.